Síntomas frecuentes
Na perimenopausa —os anos previos á última regra— e despois da menopausa son habituais:
- Regras irregulares, máis abundantes ou máis espaciadas.
- Sofocos e suores nocturnos.
- Alteracións do sono, cansazo e cambios no estado de ánimo.
- Sequidade vaxinal e molestias nas relacións sexuais.
- Molestias urinarias.
Como te axudamos
- Valoración dos teus síntomas e da túa historia clínica.
- Consellos sobre hábitos que alivian os síntomas e protexen a saúde ósea e cardiovascular.
- Tratamentos hormonais e non hormonais, cando estean indicados e despois de valorar contigo beneficios e riscos.
- Tratamentos locais para a sequidade vaxinal.
- Seguimento para axustar o tratamento co paso do tempo.
Despois da menopausa
As revisións xinecolóxicas periódicas seguen sendo importantes. Ademais, calquera sangrado vaxinal despois de levar un ano sen regra debe consultarse sempre.