Motivos frecuentes de consulta
- Regras dolorosas, abundantes ou irregulares.
- Sangrados fóra da regra.
- Dor pélvica ou dor nas relacións sexuais.
- Fluxo anormal, picor ou infeccións de repetición.
- Dúbidas sobre anticoncepción, fertilidade ou menopausa.
Como é a visita
- Falamos con calma sobre o motivo da consulta e a túa historia clínica.
- Exploración xinecolóxica, se é necesaria.
- Ecografía na mesma visita cando axuda ao diagnóstico.
- Explicación do diagnóstico e, se precisas tratamento, prescrición e seguimento.
A primeira visita adoita durar entre 30 e 45 minutos.
Que traer
- Informes, analíticas ou ecografías anteriores.
- A lista da medicación que tomas.
- A data da túa última regra.
- As túas dúbidas apuntadas, para non esquecer ningunha.